Un espazo dedicado á beleza
ñ
No centro de estética unisex D’Chus poñemos á túa disposición servizos de manicura e pedicura, lifting de pestañas, depilación láser e tratamentos de fotorrexuvemento en Ordes.
Dispoñemos dunha ampla formación e experiencia para proporcionarche uns resultados incribles en todos os tratamentos que realizamos.
Traballamos con produtos de alta gama, o cal garante un coidado óptimo da pel en todos e cada un dos servizos de estética que ofrecemos.
Achégache ao noso centro de estética en Ordes e gozarás dunha experiencia única onde experimentarás o pracer de ser coidada/o.
Estética unisex en Ordes
H O R A R I O
De luns a venres
de 10.00 a 14.00h
Sábado de 9.00 a 15.00h
Domingo e luns pechado
0
O noso centro ofrece tratamentos de estética para homes e mulleres adaptados ás necesidades individuais de cada usuaria.
En D'Chus preocupámonos por coñecer ao máximo as condicións da túa pel e as túas necesidades, para ofrecerche sempre o tratamento que estás a buscar.
Cada un dos nosos servizos realízase seguindo as especificacións do cliente, o cal os converte en tratamentos únicos e exclusivos.
Queres que che coidemos?
Non dubides en contactar e pedir a túa cita previa
